Etiquetas

18 de abril de 2016

SÍMBOLOS E ACRÓNIMOS


   O outro día fixemos unha viaxe a Madrid co instituto. Coa actividade, colaborou a Anpa, polo que aforramos case 50€. Tardamos 4h en chegae ao motel, situado ao N da cidade. Antes de volver, compreille á miña nai un cupón da Once.

SIGLAS

   

   
   O profesor de CSXH explicou un pouco sobre a economía da UE. Durante a hora, termos como o IRPF, o IVE, ou o PVP pasaron tan rapidamente pola miña cabeza, que apenas logro recordalos. Tamén nos falou do FMI e outros organismos.

ABREVIATURAS



   O prof. entregounos un doc. no que se explicaban as regras do sg. e o pl., outro coas do masc. e o fem. e un último cunha bibliog. para realizar un traballo dun autor nacido a. de C. O folio estaba asdo. polo prof.

17 de abril de 2016

CONQUE/ CON QUE

  
     “A tecnoloxía con que traballamos é moi complexa. Non basta con que teñas os estudos universitarios, senón que tes que aprobar un curso específico. Ademais, iso que di de que con que estudes un pouco aprobarás facilmente é mentira, conque se non te esforzas, non poderás acceder ao traballo.”

SENÓN/ SE NON

De pequena sempre escoitaba a mesma frase “se non comes toda a verdura non hai sobremesa”. Agora sei que non o facía por amolar, senón polo meu ben e cos anos, comezou a gustarme tanto que agora non como outra cousa senón verdura.

HABER/ A VER

    Hai dous días fun con miña nai visitar un museo. Cando chegamos debía haber unhas cincuenta persoas no recinto. En primeiro lugar tivemos que comprar as entradas. Logo esperamos un anaco para deixar os haberes nunha gabeta e mentres tanto, miña nai só me repetía “a ver onde gardas a entrada, non a vaias perder”.

HAI/ AI/ AÍ

                                                

   "Ai como continuaba... Hai moito que miña avoa me contou esta lenda e non recordo ben como segue.” Sara estalle a contar unha historia á súa filla que din que aconteceu aí mesmo, na casa na que se atopan nese mesmo instante e que herdara dos seus pais.



PORQUE/ PORQUÉ/ POR QUE




  Ás dez da noite comecei a preocuparme, porque María aínda non viñera á casa. Sempre adoita regresar á oito, ou as nove como moi tarde. Ademais non sei po que non contesta ao teléfono. Media hora máis tarde escoito o ruído da porta. Era ela, María,. Viña moi nerviosa . Explícame o porqué da súa tardanza e saímos as dúas correndo. Seu pai tivera un accidente.

17 de decembro de 2015

DÚBIDAS LÉXICAS

A noite pasada tiven un peculiar pesadelo. Levaba todo o día con sono xa que, á parte de que traballara moito, non durmira demasiado. O soño desenvolvíase nunha vila de Pontevedra, na cal unha empresa quería investir para convertelo nun espazo de vacacións. A xente enfadada  inverteu a situación e atacou aos executivos. A continuación desenrolaron un rolo de papel e asinaron un acordo. As bases deste explicáronse nun aparte.

15 de decembro de 2015

A ESCRITA DOS NÚMEROS

23 de setembro de 2015
Querido Xoán:
283 días, vinte e tres horas e oito minutos. Pasado ese tempo un meteorito impactará a 20km da costa galega, provocando un tsunami que fará desaparecer toda a península Ibérica. Pero as consecuencias irán moito máis lonxe. Dende ese momento miles de catástrofes comezarán a producirse en todo o mundo como erupcións volcánicas ou terremotos.
Xa hai evidencias desde o século XIX desta ameaza, pero a xente continúa a crer que son mitos. Pola miña parte vou, intentar presentar un traballo sobre o tema no XX aniversario da apertura do museo, pero vou precisar a túa axuda.
Poreime en contacto contigo pronto.
Atentamente,

Antón


MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

A Sra. Rosa Rodríguez e o Sr. Pedro Pérez teñen uns hábitos moi peculiares. En primavera dormen sempre non norte da casa e no verán no sur. O resto do ano depende do día. Se hai un partido da FIFA o señor Pedro dorme na habitación norte, mentres que a señora Rosa le un libro como Cousas na habitación sur. Pola contra, se hai unha película antiga de amor, Rosa dorme na norte e Pedro no sur.
Aínda que non o parece, dona Rosa é profesora de Física e Química nun IES na cidade de Pontevedra e don Pedro na Xunta de Galicia.





14 de decembro de 2015

“DONA ROSA ERA MOI FERMOSA”

Rosa era moi fermosa. Os seus ollos coma luceiros, o seu cabelo ben coidado e a brancura das súas roupas mostraban que era de familia adiñeirada. Non era fidalga, pero o seu pai traballara moito de novo. Cando seu pai morreu, descubriron que o diñeiro se acabara anos atrás e dende entón estiveran acumulando débedas. Ante isto Rosa abandonou ao seu mozo e a súa familia para casar co home máis rico da aldea. Dende entón cada vez que se cruzaba coa súa nai, nin sequera lle falaba.


Tras varios anos Rosa non puidera quedar embarazada, polo que o seu marido botouna da casa. Sen ter a onde ir regresou á casa da súa nai que a recibiu cos brazos abertos, a diferenza do resto da familia.
As súas irmás casaron e a nai, xa vella, rematou morrendo polo que Rosa quedou soa de novo e tivo que comezar a traballar para sobrevivir. Un día mentres regresaba á casa atopouse co seu antigo mozo, agora rico, que paseaba pola rúa coa súa muller. Rosa comezou a sentir nostalxia ao recordar ese amor que nunca esqueceu.

Anos despois dona Rosa, xa vella, continua arrepentíndose da súa vaidade e dos desprezos cara ás persoas que quería. Agora é pobre, pero non só en capital, senón tamén no corazón.

14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

     Emma é unha rapaza morena, de ollos castaños e pelo liso. Sempre ten que estar facendo algo, non pode estar quieta un minuto. Dende pequena sempre foi moi nerviosa e intranquila, ademais de moi travesa. Agora volveuse algo tímida , pero aínda así continúa a falar moito, demasiado diría eu. Ás veces é algo lacazana e intenta deixar as cousas para o último momento, pero ao mesmo tempo é moi traballadora. Tamén é moi perfeccionista para certas cousas, como á hora de colocar a súa habitación. (Pilar, 45 anos, nai)

     A miña neta é unha rapaza moi alegre e cariñosa. Sempre que me ve achégase a darme un bico e pregúntame como estou. Tamén é moi faladeira e sempre que estou falando con súa nai quere ven escoitar para saber de que. De pequena era moi revoltosa: escapábame, agochábase pola casa... pero co tempo foise volvendo un pouco máis tranquila, aínda que non completamente. Tamén é intelixente e algo testuda, pero pódese razoar con ela. Polas mañás ten mal espertar e tarda media hora en levantarse e en varias ocasións por pouco perde o autobús. (Jovita, 82 anos, avoa)

1 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA

                         

Gústanme…


Os días fríos de inverno, as flores frescas de primavera, os atardeceres de verán, as noites de Nadal, a neve, o Entroido, as castañas asadas do magosto, os libros de misterio, as películas de terror, pisar a area da praia, nadar na piscina, deitarme na herba verde, as estrelas, os caramelos de menta, o té verde, o limón, o olor a galletas no forno, as tostas queimadas, o chocolate, os coellos, a cor violeta, os chistes malos, viaxar, soñar...

Non me gusta...


O mes de setembro, a fin do verán, erguerme cedo, os luns, os prexuízos, as lágrimas, as mentiras, o cheiro a peixe, as fabas, as moscas, a cor verde, escribir en negro, as unllas rosas, o baloncesto, esquecerme das cousas, a música clásica, os finais abertos, os libros de amor, os desenlaces tristes de películas, as longas esperas...