A noite
pasada tiven un peculiar pesadelo. Levaba todo o día con sono xa que, á parte
de que traballara moito, non durmira demasiado. O soño desenvolvíase nunha vila
de Pontevedra, na cal unha empresa quería investir para convertelo nun espazo
de vacacións. A xente enfadada inverteu
a situación e atacou aos executivos. A continuación desenrolaron un rolo de
papel e asinaron un acordo. As bases deste explicáronse nun aparte.
Etiquetas
amor
(1)
autor
(1)
baños de molgas
(1)
biografía
(1)
cousa
(1)
descrición
(2)
gústame
(2)
léxico
(6)
obra
(2)
ortografía
(5)
personalidade
(1)
poesía
(2)
relato
(13)
toponimia
(1)
vídeo
(2)
xeración
(2)
17 de decembro de 2015
15 de decembro de 2015
A ESCRITA DOS NÚMEROS
23
de setembro de 2015
Querido
Xoán:
283
días, vinte e tres horas e oito minutos. Pasado ese tempo un meteorito
impactará a 20km da costa galega, provocando un tsunami que fará desaparecer
toda a península Ibérica. Pero as consecuencias irán moito máis lonxe. Dende
ese momento miles de catástrofes comezarán a producirse en todo o mundo como
erupcións volcánicas ou terremotos.
Xa
hai evidencias desde o século XIX desta ameaza, pero a xente continúa a crer
que son mitos. Pola miña parte vou, intentar presentar un traballo sobre o tema
no XX aniversario da apertura do museo, pero vou precisar a túa axuda.
Poreime
en contacto contigo pronto.
Atentamente,
Antón
MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS
A Sra. Rosa Rodríguez e o Sr. Pedro Pérez teñen uns
hábitos moi peculiares. En primavera dormen sempre non norte da casa e no verán
no sur. O resto do ano depende do día. Se hai un partido da FIFA o señor Pedro
dorme na habitación norte, mentres que a señora Rosa le un libro como Cousas na habitación sur. Pola contra,
se hai unha película antiga de amor, Rosa dorme na norte e Pedro no sur.
14 de decembro de 2015
“DONA ROSA ERA MOI FERMOSA”
Rosa era moi fermosa. Os seus ollos coma luceiros, o
seu cabelo ben coidado e a brancura das súas roupas mostraban que era de
familia adiñeirada. Non era fidalga, pero o seu pai traballara moito de novo.
Cando seu pai morreu, descubriron que o diñeiro se acabara anos atrás e dende
entón estiveran acumulando débedas. Ante isto Rosa abandonou ao seu mozo e a
súa familia para casar co home máis rico da aldea. Dende entón cada vez que se
cruzaba coa súa nai, nin sequera lle falaba.
Tras varios anos Rosa non puidera quedar embarazada, polo que o seu marido botouna da casa. Sen ter a onde ir regresou á casa da súa nai que a recibiu cos brazos abertos, a diferenza do resto da familia.
As súas irmás casaron e a nai, xa vella, rematou
morrendo polo que Rosa quedou soa de novo e tivo que comezar a traballar para
sobrevivir. Un día mentres regresaba á casa atopouse co seu antigo mozo, agora
rico, que paseaba pola rúa coa súa muller. Rosa comezou a sentir nostalxia ao
recordar ese amor que nunca esqueceu.
Anos despois dona Rosa, xa vella, continua
arrepentíndose da súa vaidade e dos desprezos cara ás persoas que quería. Agora
é pobre, pero non só en capital, senón tamén no corazón.
14 de outubro de 2015
ASÍ SON EU: COMO ME VEN?
Emma é unha rapaza morena, de ollos castaños e pelo liso. Sempre ten que estar facendo algo, non pode estar quieta un minuto. Dende pequena sempre foi moi nerviosa e intranquila, ademais de moi travesa. Agora volveuse algo tímida , pero aínda así continúa a falar moito, demasiado diría eu. Ás veces é algo lacazana e intenta deixar as cousas para o último momento, pero ao mesmo tempo é moi traballadora. Tamén é moi perfeccionista para certas cousas, como á hora de colocar a súa habitación. (Pilar, 45 anos, nai)
A miña neta é unha rapaza moi alegre e cariñosa. Sempre que me ve achégase a darme un bico e pregúntame como estou. Tamén é moi faladeira e sempre que estou falando con súa nai quere ven escoitar para saber de que. De pequena era moi revoltosa: escapábame, agochábase pola casa... pero co tempo foise volvendo un pouco máis tranquila, aínda que non completamente. Tamén é intelixente e algo testuda, pero pódese razoar con ela. Polas mañás ten mal espertar e tarda media hora en levantarse e en varias ocasións por pouco perde o autobús. (Jovita, 82 anos, avoa)
1 de outubro de 2015
ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA
Gústanme…
Os
días fríos de inverno, as flores frescas de primavera, os atardeceres de verán,
as noites de Nadal, a neve, o Entroido, as castañas asadas do magosto, os
libros de misterio, as películas de terror, pisar a area da praia, nadar na
piscina, deitarme na herba verde, as estrelas, os caramelos de menta, o té
verde, o limón, o olor a galletas no forno, as tostas queimadas, o chocolate,
os coellos, a cor violeta, os chistes malos, viaxar, soñar...
Non me gusta...
O
mes de setembro, a fin do verán, erguerme cedo, os luns, os prexuízos, as
lágrimas, as mentiras, o cheiro a peixe, as fabas, as moscas, a cor verde,
escribir en negro, as unllas rosas, o baloncesto, esquecerme das cousas, a
música clásica, os finais abertos, os libros de amor, os desenlaces tristes de
películas, as longas esperas...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)