Etiquetas

14 de decembro de 2015

“DONA ROSA ERA MOI FERMOSA”

Rosa era moi fermosa. Os seus ollos coma luceiros, o seu cabelo ben coidado e a brancura das súas roupas mostraban que era de familia adiñeirada. Non era fidalga, pero o seu pai traballara moito de novo. Cando seu pai morreu, descubriron que o diñeiro se acabara anos atrás e dende entón estiveran acumulando débedas. Ante isto Rosa abandonou ao seu mozo e a súa familia para casar co home máis rico da aldea. Dende entón cada vez que se cruzaba coa súa nai, nin sequera lle falaba.


Tras varios anos Rosa non puidera quedar embarazada, polo que o seu marido botouna da casa. Sen ter a onde ir regresou á casa da súa nai que a recibiu cos brazos abertos, a diferenza do resto da familia.
As súas irmás casaron e a nai, xa vella, rematou morrendo polo que Rosa quedou soa de novo e tivo que comezar a traballar para sobrevivir. Un día mentres regresaba á casa atopouse co seu antigo mozo, agora rico, que paseaba pola rúa coa súa muller. Rosa comezou a sentir nostalxia ao recordar ese amor que nunca esqueceu.

Anos despois dona Rosa, xa vella, continua arrepentíndose da súa vaidade e dos desprezos cara ás persoas que quería. Agora é pobre, pero non só en capital, senón tamén no corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario