Etiquetas

14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

     Emma é unha rapaza morena, de ollos castaños e pelo liso. Sempre ten que estar facendo algo, non pode estar quieta un minuto. Dende pequena sempre foi moi nerviosa e intranquila, ademais de moi travesa. Agora volveuse algo tímida , pero aínda así continúa a falar moito, demasiado diría eu. Ás veces é algo lacazana e intenta deixar as cousas para o último momento, pero ao mesmo tempo é moi traballadora. Tamén é moi perfeccionista para certas cousas, como á hora de colocar a súa habitación. (Pilar, 45 anos, nai)

     A miña neta é unha rapaza moi alegre e cariñosa. Sempre que me ve achégase a darme un bico e pregúntame como estou. Tamén é moi faladeira e sempre que estou falando con súa nai quere ven escoitar para saber de que. De pequena era moi revoltosa: escapábame, agochábase pola casa... pero co tempo foise volvendo un pouco máis tranquila, aínda que non completamente. Tamén é intelixente e algo testuda, pero pódese razoar con ela. Polas mañás ten mal espertar e tarda media hora en levantarse e en varias ocasións por pouco perde o autobús. (Jovita, 82 anos, avoa)

1 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA

                         

Gústanme…


Os días fríos de inverno, as flores frescas de primavera, os atardeceres de verán, as noites de Nadal, a neve, o Entroido, as castañas asadas do magosto, os libros de misterio, as películas de terror, pisar a area da praia, nadar na piscina, deitarme na herba verde, as estrelas, os caramelos de menta, o té verde, o limón, o olor a galletas no forno, as tostas queimadas, o chocolate, os coellos, a cor violeta, os chistes malos, viaxar, soñar...

Non me gusta...


O mes de setembro, a fin do verán, erguerme cedo, os luns, os prexuízos, as lágrimas, as mentiras, o cheiro a peixe, as fabas, as moscas, a cor verde, escribir en negro, as unllas rosas, o baloncesto, esquecerme das cousas, a música clásica, os finais abertos, os libros de amor, os desenlaces tristes de películas, as longas esperas...