Etiquetas
amor
(1)
autor
(1)
baños de molgas
(1)
biografía
(1)
cousa
(1)
descrición
(2)
gústame
(2)
léxico
(6)
obra
(2)
ortografía
(5)
personalidade
(1)
poesía
(2)
relato
(13)
toponimia
(1)
vídeo
(2)
xeración
(2)
6 de decembro de 2016
13 de xuño de 2016
6 de xuño de 2016
19 de abril de 2016
18 de abril de 2016
SÍMBOLOS E ACRÓNIMOS
SIGLAS
O profesor de CSXH explicou un pouco sobre a economía da UE. Durante a hora, termos como o IRPF, o IVE, ou o PVP pasaron tan rapidamente pola miña cabeza, que apenas logro recordalos. Tamén nos falou do FMI e outros organismos.
ABREVIATURAS
17 de abril de 2016
CONQUE/ CON QUE
“A tecnoloxía con que traballamos é moi complexa. Non basta con que teñas os estudos universitarios, senón que tes que aprobar un curso específico. Ademais, iso que di de que con que estudes un pouco aprobarás facilmente é mentira, conque se non te esforzas, non poderás acceder ao traballo.”
SENÓN/ SE NON
De pequena sempre escoitaba a mesma frase “se non comes toda a verdura non hai sobremesa”. Agora sei que non o facía por amolar, senón polo meu ben e cos anos, comezou a gustarme tanto que agora non como outra cousa senón verdura.
HABER/ A VER
Hai
dous días fun con miña nai visitar un museo. Cando chegamos debía haber unhas
cincuenta persoas no recinto. En primeiro lugar tivemos que comprar as
entradas. Logo esperamos un anaco para deixar os haberes nunha gabeta e mentres
tanto, miña nai só me repetía “a ver onde gardas a entrada, non a vaias perder”.
HAI/ AI/ AÍ
"Ai como continuaba... Hai moito que miña avoa me contou esta lenda e non recordo ben como segue.” Sara estalle a contar unha historia á súa filla que din que aconteceu aí mesmo, na casa na que se atopan nese mesmo instante e que herdara dos seus pais.
PORQUE/ PORQUÉ/ POR QUE
Ás dez da noite comecei a preocuparme, porque María aínda non viñera á casa. Sempre adoita regresar á oito, ou as nove como moi tarde. Ademais non sei po que non contesta ao teléfono. Media hora máis tarde escoito o ruído da porta. Era ela, María,. Viña moi nerviosa . Explícame o porqué da súa tardanza e saímos as dúas correndo. Seu pai tivera un accidente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)