Etiquetas

17 de decembro de 2015

DÚBIDAS LÉXICAS

A noite pasada tiven un peculiar pesadelo. Levaba todo o día con sono xa que, á parte de que traballara moito, non durmira demasiado. O soño desenvolvíase nunha vila de Pontevedra, na cal unha empresa quería investir para convertelo nun espazo de vacacións. A xente enfadada  inverteu a situación e atacou aos executivos. A continuación desenrolaron un rolo de papel e asinaron un acordo. As bases deste explicáronse nun aparte.

15 de decembro de 2015

A ESCRITA DOS NÚMEROS

23 de setembro de 2015
Querido Xoán:
283 días, vinte e tres horas e oito minutos. Pasado ese tempo un meteorito impactará a 20km da costa galega, provocando un tsunami que fará desaparecer toda a península Ibérica. Pero as consecuencias irán moito máis lonxe. Dende ese momento miles de catástrofes comezarán a producirse en todo o mundo como erupcións volcánicas ou terremotos.
Xa hai evidencias desde o século XIX desta ameaza, pero a xente continúa a crer que son mitos. Pola miña parte vou, intentar presentar un traballo sobre o tema no XX aniversario da apertura do museo, pero vou precisar a túa axuda.
Poreime en contacto contigo pronto.
Atentamente,

Antón


MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

A Sra. Rosa Rodríguez e o Sr. Pedro Pérez teñen uns hábitos moi peculiares. En primavera dormen sempre non norte da casa e no verán no sur. O resto do ano depende do día. Se hai un partido da FIFA o señor Pedro dorme na habitación norte, mentres que a señora Rosa le un libro como Cousas na habitación sur. Pola contra, se hai unha película antiga de amor, Rosa dorme na norte e Pedro no sur.
Aínda que non o parece, dona Rosa é profesora de Física e Química nun IES na cidade de Pontevedra e don Pedro na Xunta de Galicia.





14 de decembro de 2015

“DONA ROSA ERA MOI FERMOSA”

Rosa era moi fermosa. Os seus ollos coma luceiros, o seu cabelo ben coidado e a brancura das súas roupas mostraban que era de familia adiñeirada. Non era fidalga, pero o seu pai traballara moito de novo. Cando seu pai morreu, descubriron que o diñeiro se acabara anos atrás e dende entón estiveran acumulando débedas. Ante isto Rosa abandonou ao seu mozo e a súa familia para casar co home máis rico da aldea. Dende entón cada vez que se cruzaba coa súa nai, nin sequera lle falaba.


Tras varios anos Rosa non puidera quedar embarazada, polo que o seu marido botouna da casa. Sen ter a onde ir regresou á casa da súa nai que a recibiu cos brazos abertos, a diferenza do resto da familia.
As súas irmás casaron e a nai, xa vella, rematou morrendo polo que Rosa quedou soa de novo e tivo que comezar a traballar para sobrevivir. Un día mentres regresaba á casa atopouse co seu antigo mozo, agora rico, que paseaba pola rúa coa súa muller. Rosa comezou a sentir nostalxia ao recordar ese amor que nunca esqueceu.

Anos despois dona Rosa, xa vella, continua arrepentíndose da súa vaidade e dos desprezos cara ás persoas que quería. Agora é pobre, pero non só en capital, senón tamén no corazón.