Etiquetas

14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

     Emma é unha rapaza morena, de ollos castaños e pelo liso. Sempre ten que estar facendo algo, non pode estar quieta un minuto. Dende pequena sempre foi moi nerviosa e intranquila, ademais de moi travesa. Agora volveuse algo tímida , pero aínda así continúa a falar moito, demasiado diría eu. Ás veces é algo lacazana e intenta deixar as cousas para o último momento, pero ao mesmo tempo é moi traballadora. Tamén é moi perfeccionista para certas cousas, como á hora de colocar a súa habitación. (Pilar, 45 anos, nai)

     A miña neta é unha rapaza moi alegre e cariñosa. Sempre que me ve achégase a darme un bico e pregúntame como estou. Tamén é moi faladeira e sempre que estou falando con súa nai quere ven escoitar para saber de que. De pequena era moi revoltosa: escapábame, agochábase pola casa... pero co tempo foise volvendo un pouco máis tranquila, aínda que non completamente. Tamén é intelixente e algo testuda, pero pódese razoar con ela. Polas mañás ten mal espertar e tarda media hora en levantarse e en varias ocasións por pouco perde o autobús. (Jovita, 82 anos, avoa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario