Hai
dous días fun con miña nai visitar un museo. Cando chegamos debía haber unhas
cincuenta persoas no recinto. En primeiro lugar tivemos que comprar as
entradas. Logo esperamos un anaco para deixar os haberes nunha gabeta e mentres
tanto, miña nai só me repetía “a ver onde gardas a entrada, non a vaias perder”.
Etiquetas
amor
(1)
autor
(1)
baños de molgas
(1)
biografía
(1)
cousa
(1)
descrición
(2)
gústame
(2)
léxico
(6)
obra
(2)
ortografía
(5)
personalidade
(1)
poesía
(2)
relato
(13)
toponimia
(1)
vídeo
(2)
xeración
(2)
17 de abril de 2016
HAI/ AI/ AÍ
"Ai como continuaba... Hai moito que miña avoa me contou esta lenda e non recordo ben como segue.” Sara estalle a contar unha historia á súa filla que din que aconteceu aí mesmo, na casa na que se atopan nese mesmo instante e que herdara dos seus pais.
PORQUE/ PORQUÉ/ POR QUE
Ás dez da noite comecei a preocuparme, porque María aínda non viñera á casa. Sempre adoita regresar á oito, ou as nove como moi tarde. Ademais non sei po que non contesta ao teléfono. Media hora máis tarde escoito o ruído da porta. Era ela, María,. Viña moi nerviosa . Explícame o porqué da súa tardanza e saímos as dúas correndo. Seu pai tivera un accidente.
17 de decembro de 2015
DÚBIDAS LÉXICAS
A noite
pasada tiven un peculiar pesadelo. Levaba todo o día con sono xa que, á parte
de que traballara moito, non durmira demasiado. O soño desenvolvíase nunha vila
de Pontevedra, na cal unha empresa quería investir para convertelo nun espazo
de vacacións. A xente enfadada inverteu
a situación e atacou aos executivos. A continuación desenrolaron un rolo de
papel e asinaron un acordo. As bases deste explicáronse nun aparte.15 de decembro de 2015
A ESCRITA DOS NÚMEROS
23
de setembro de 2015
Querido
Xoán:
283
días, vinte e tres horas e oito minutos. Pasado ese tempo un meteorito
impactará a 20km da costa galega, provocando un tsunami que fará desaparecer
toda a península Ibérica. Pero as consecuencias irán moito máis lonxe. Dende
ese momento miles de catástrofes comezarán a producirse en todo o mundo como
erupcións volcánicas ou terremotos.
Xa
hai evidencias desde o século XIX desta ameaza, pero a xente continúa a crer
que son mitos. Pola miña parte vou, intentar presentar un traballo sobre o tema
no XX aniversario da apertura do museo, pero vou precisar a túa axuda.
Poreime
en contacto contigo pronto.
Atentamente,
Antón
MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS
A Sra. Rosa Rodríguez e o Sr. Pedro Pérez teñen uns
hábitos moi peculiares. En primavera dormen sempre non norte da casa e no verán
no sur. O resto do ano depende do día. Se hai un partido da FIFA o señor Pedro
dorme na habitación norte, mentres que a señora Rosa le un libro como Cousas na habitación sur. Pola contra,
se hai unha película antiga de amor, Rosa dorme na norte e Pedro no sur.
14 de decembro de 2015
“DONA ROSA ERA MOI FERMOSA”
Rosa era moi fermosa. Os seus ollos coma luceiros, o
seu cabelo ben coidado e a brancura das súas roupas mostraban que era de
familia adiñeirada. Non era fidalga, pero o seu pai traballara moito de novo.
Cando seu pai morreu, descubriron que o diñeiro se acabara anos atrás e dende
entón estiveran acumulando débedas. Ante isto Rosa abandonou ao seu mozo e a
súa familia para casar co home máis rico da aldea. Dende entón cada vez que se
cruzaba coa súa nai, nin sequera lle falaba.
Tras varios anos Rosa non puidera quedar embarazada, polo que o seu marido botouna da casa. Sen ter a onde ir regresou á casa da súa nai que a recibiu cos brazos abertos, a diferenza do resto da familia.
As súas irmás casaron e a nai, xa vella, rematou
morrendo polo que Rosa quedou soa de novo e tivo que comezar a traballar para
sobrevivir. Un día mentres regresaba á casa atopouse co seu antigo mozo, agora
rico, que paseaba pola rúa coa súa muller. Rosa comezou a sentir nostalxia ao
recordar ese amor que nunca esqueceu.
Anos despois dona Rosa, xa vella, continua
arrepentíndose da súa vaidade e dos desprezos cara ás persoas que quería. Agora
é pobre, pero non só en capital, senón tamén no corazón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



